A Primitiva deixa 11’5 millóns de euros en Vilanova de Arousa

    fotoloteriavilanovacopia.jpgVILANOVA> 11.580.836 euros ese é o premio que recibirá o único acertante da combinación da Primitiva deste sábado.

    {flowplayer}images/salnes/PrimitivaVilanova.flv{/flowplayer}

    O afortunado probablemente sexa de veciño de Vilanova de Arousa, pois como nos dicía a propietaria da administración número un deste municipio estes días non foron moitos os turistas que se viron por aquí polo que probablemente o a sorte quedara na casa.

    A pesares de que os domingos a administración está pechada en canto recibiu a noticia Isabel achegouse ata aquí para colocar o cartel e contarlle a noticia a todo o que se achegaba a ver que pasaba.

    É o premio máis grande que deu nos 11 anos de historia que ten esta administración. Aínda que xa no primeiro ano de funcionamento deran un bote de 180 millóns de pesetas.  

    Redacción Salnés