O executivo boirense elimina un punto de vertido de hai anos na praia de Peralto

BOIRO> A actuación estaba incluída no Plan de Control de Vertidos.

Os veciños de Escarabote están de noraboa, xa que o Concello procedeu nas últimas semanas á substitución da tubaxe en mal estado na marxe de río de Agramuíña que provocaba un vertido que afecta á praia de Peralto. No ano 2016 este areal, empregado por moitos veciños da zona e tamén turistas, causou baixa no censo oficial de zonas de baño de Galicia pola clasificación insuficiente. A pesar dos numerosos intentos nestes últimos anos por solucionar o problema, este nunca chegaba a producirse.

Esta actuación súmase ó Plan de Control de Vertidos deseñado polo executivo local, que ten como obxectivo solucionar, de xeito progresivo, aqueles vertidos localizados en diferentes zonas do Concello e, tamén, para evitar que se produzan novos vertidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí