Éxito un ano máis na Feira Celta de Porto do Son

    PORTO DO SON> Onte rematou a Feira Celta de Porto do Son, despois dunha fin de semana de éxito total. O casco urbano da vila, converteuse nun gran mercado de artesanía e gastronomía con máis de cen postos. Este ano o tempo acompañou e libres da choiva, asistentes e comerciantes puideron desfrutar de tódolos actividades organizadas pola empresa Rivendel, que repiteu este ano grazas o apoio do executivo sonense. O día de máis afluencia foi o sábado, cando se racharon tódalas previsións. Os visitantes puideron achegarse ó pasado celta do Son a través das numerosas actividades e espectáculos que se desenvolveron durante toda a xornada. E pola noite, o prato forte veu da man do grupo Troula Teatro, co seu espectáculo de gran formato SubUmbra. E para cerrar a feira un concerto a cargo do grupo Grimorium, nun día no que tamén houbo tempo para os máis pequenos con actuacións de contacontos. Unha fin de semana de éxito total na Feira Celta de Porto do Son.