Ribeira convoca o concurso de decoración de Nadal para vivendas, escaparates e locais hostaleiros

RIBEIRA> O concello de Ribeira volve convocar o concurso de decoración de Nadal. Haberá tres modalidades, un para fachadas e balcóns, outros para locais hostaleiros e un terceiro para os escaparates de establecementos comerciais.

Co obxectivo de dinamizar as vendas e animar a afluencia de visitantes, o concello de Ribeira volver convocar o tradicional concurso de decoración de Nadal. Haberá tres modalidade. A primeira, dirixida a particulares, premiará aquelas fachadas, balcóns ou xardíns mellor decorados que sexan visibles dende a vía pública. Outorgaranse 10 premios.

Os comerciantes e hostaleiros terán tamén ocasión de engalanar os seus locais con decoración de temática navideña. Establecerase un primeiro e segundo premio en cada modalidade, consistentes en cestas valoradas en 300 e 200 euros respectivamente.

Os interesados en participar deberán anotarse previamente a través dos correos electrónicos facilitados nas bases que xa se poden consultar na web municipal. Dispoñen de prazo ata o 18 de decembro para formalizar a súa inscrición.