O BNG reclama á Xunta que manteña a ambulancia medicalizada no Hospital do Salnés todo o ano

VILAGARCÍA> O BNG do Salnés reclama á Xunta de Galicia que devolva a base da ambulancia medicalizada ao Hospital do Salnés. Co inicio do verán trasladouse a Sanxenxo para atender o incremento de poboación polo turismo. Aquí continuará ata o 31 de agosto, deixando desprotexida, din, á poboación desta zona. A formación nacionalista reuniuse hoxe en Vilagarcía co persoal deste servizo. Reclaman que, en lugar de trasladar a ambulancia medicalizada, se dote Sanxenxo con outro equipamento.

Dende o 1 de xullo, a ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés traballa dende o concello de Sanxenxo. A decisión busca atender o incremento poboacional que sofre o municipio coa chegada do turismo pero dende o BNG denuncian que deixa desprotexido o norte da comarca.

Prado se referiu a tres sucesos graves rexistrados este verán en Vilagarcía: un atropelo mortal a comezos de xullo, o infarto dun home de 42 anos que faleceu e o choque entre un patinete e un coche este mes de agosto que deixou grave ao condutor do patinete. Casos nos que, aseguran dende o BNG, a ambulancia medicalizada tería sido de utilidade.

Para abordar esta situación, os nacionalistas reuníronse hoxe co persoal destas ambulancias medicalizadas. Profesionais que recoñecen as dificultades que supón este traslado.

Estes profesionais reclaman tamén máis persoal para equipar as ambulancias medicalizadas. Antes, estaban dotadas de persoal médico e de enfermaría e de dous técnicos. As novas, como é o caso da vilagarciá, contan con un só técnico.

Os nacionalistas anunciaron que levarán esta cuestión tanto ao Parlamento de Galicia como aos concellos do Salnés afectados, reclamando á Xunta que rectifique.