16 barcos buscan dinamizar as rúas en favor do comercio local

    barcosconsorcio copia100.jpgCAMBADOS> Trátase dunha exposición itinerante organizada polo Consorcio de Comercio do Salnés que percorrerá as rúas dos concellos asociados.

    {flowplayer}images/salnes/BARCOS_A_RUA.flv{/flowplayer}

    A partires do vindeiro 8 de abril, 16 barcos decorarán as rúas de varios municipios do Salnés. As pezas son obra do artista local Pablo Barreiro, que contou coa colaboración doutros artistas contemporáneos para a súa decoración. Unha exposición itinerante que compón a nova campaña do Consorcio de Comercio, destinada a dinamizar as rúas ó redor dos comercios locais.

    Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Meaño, Ribadumia, a Illa e O Grove, serán os concellos que acollan a campaña destes barcos, financiada practicamente na súa totalidade pola Consellería de Industria.

    Unha vez finalizado o percorrido da mostra, no mes de setembro, cada un dos concellos participantes recibirá dous barcos de xeito permanente para decorar unha das súas principais prazas.

    Redacción Salnés