A falta de médicos nos Pacs satura as urxencias do Salnés cun 20% máis de casos atendidos

SALNES> A falta de profesionais nos pacs do Salnés provoca un aumento da atención de urxencias dun 20% con respecto ao último ano prepandemia. Unhas cifras que os profesionais do Salnés denuncian que aumentarán coa chegada do inverno. A xunta de persoal denuncia a mala xestión da nova directiva da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés. Piden máis profesionais para os Pacs e a atención primaria.

A xunta de persoal do hospital do Salnés tamén denuncia a falta de facultativos e o exceso de traballo que sofren no centro. A falta de médicos nos Pacs provoca que os pacientes se dirixan ás urxencias do Salnés. Aumentando a atención un 20%

O hospital do Salnés chegará este ano ás máis de 45 mil urxencias atendidas. Con picos que aumenta ata preto dos 200 pacientes por día. Segundo explica o persoal, a sala está saturada e os pacientes teñen que agardar horas.

O hospital atópase con outro problema, o cambio de Tac obriga a non poder utilizar o vello e a deixar aos pacientes sen este servizo, facendo necesario o seu traslado a outro hospital. O tempo pode afectar gravemente ao ferido.

A situación de falta de médicos tamén afecta á pediatría e a atención primaria. De feito, segundo a xunta de persoal, aínda contan en plantilla a un médico que leva anos xubilado. A xunta de persoal sinala directamente á nova xerencia da área sanitaria.

Os médicos creen que se está intentando desmantelar a sanidade pública.

A xunta de persoal pide ao Sergas que contrate a máis médicos, que deixe de saturar aos profesionais sanitarios e que garanta unha sanidade digna para os pacientes. Tamén temen que a situación poda empeorar, xa que segundo advirte, o 40% dos médicos da área está preto de xubilarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí