A árbore de Nadal máis pequena que está facendo moi grande ao barrio do Piñeiriño

VILAGARCÍA> No barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, aínda non cren o impacto mediático e social que tivo a idea de crear a árbore de Nadal máis pequena de España. Mide un centímetro e presume de ter tres luces led. Para observalo en todo o seu esplendor puxeron unha lupa. Detrás de todo isto está a asociación de veciños do barrio.

Achéguense ben porque para observalo é preciso estar ben preto. Estamos ante a árbore de Nadal máis famosa de España nos últimos días. Está no Piñeiriño, en Vilagarcía. Aquí, a asociación veciñal do barrio está dando moito que falar pola súa árbore de Nadal. É a máis pequena de España.

E vaia se é pequena. Ten un centímetro de alto, dous se incluímos tamén o seu testo.

Pero a pesar do seu tamaño, a esta pequena gran árbore non lle falta detalle.

Detrás desta creación está Mariam García, unha artesá da zona, que foi quen se encargou de materializar esta idea. O resulto salta á  vista, aínda que para unha mellor observación se cadra o mellor sexa tirar de lupa.

E neste barrio, toda a veciñanza presume con orgullo da súa xeitosa árbore. Un fenómeno que trouxo ata aquí a medios de comunicación de toda España e que mesmo traspasou as nosas fronteiras.

Unha idea, a de facela aínda máis pequenos, que tamén propuxeron xa moitos veciños, co obxectivo de que grazas á árbore máis pequena o Piñeiriño sexa cada vez máis grande. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí