O sector do metal protesta en Vilagarcía ante a patronal por un convenio digno

    VILAGARCÍA> CIG, CCOO, e UGT uníronse esta mañá nunha mobilización en Vilagarcía para pedir un convenio laboral digno para o sector do metal. Os traballadores levan cinco meses negociando un convenio do que rexeitan sobretodo, o incremento salarial que propón a patronal, o plus de interinidade e os contratos de formación. A concentración tivo lugar esta mañá fronte á sede da Feca, a Federación Comarcal de Empresarios Arousáns en Vilagarcía. Os traballadores do sector do metal, apoiados polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, mobilizáronse para reclamar un convenio “digno” que contemple mellores salariais para os traballadores do sector da provincia de Pontevedra. Os sindicatos a e patronal continúan sen poñerse dacordo tras cinco meses de negociación, do convenio que rexirá o sector durante os próximos tres anos. Tal e como nos explicaba esta mañá o reprensentante da CIG, son varias as cuestións que rexeitan do convenio que lles propuxo a patronal. Aseguran que non aceptarán estas condicións, e que seguirán mobilizándose de non entrar en razón a patronal, esixindo un acordó que garanta o poder adquisitivo dos traballadores. Mañá xoves terá lugar a próxima reunión entre sindicatos e patronal, na que os traballadores agardan que se desbloqueen as negociacións e se poida chegar a un acordo que combata tamén a actual reforma laboral, algo no que coinciden os tres sindicatos.