OUTES> Outes contará por fin con chan industrial trala aprobación definitiva da modificación do PXOM que permitirá desenvolver solo empresarial no lugar de Xurisdición. O concello iniciará agora os trámites para desenvolver o plan parcial de cara á urbanización do futuro polígono.
A aprobación da modificación do PXOM de Outes permitirá que o municipio conte por fin con chan industrial. Tras anos sen poder desenvolvelo por mor dunha sentenza xudicial que anulaba o incluído no anterior planeamento, o acordo plenario dá vía libre ó futuro polígono.
O concello agarda que se axilice a aprobación definitiva para elaborar o plan parcial dos terreos entre o lugar de Xurisdición e Brión de Abaixo.











