VIALGARCIA> Vilagarcía reformará o salón nobre do concello e retirará a cruz da igrexa de Santa Baia coas axudas da deputación de Pontevedra. O goberno de Carmela Silva xa aprobou unha subvención de preto de 6 mil euros para retira o emblema franquista. A restauración realizarase no primeiro semestre do vindeiro ano.
A cruz da fachada da igrexa de Santa Baia de Vilagarcía parece que xa ten os días contados. Despois de máis de 20 anos intentado retirala, a deputación de Pontevedra subvencionará, con preto de 6 mil euros, os traballos que permitirán reformar a fachada e cumprir coa lei de memoria histórica.
Os traballos da retirada estarán encabezados pola restauradora Iria López. En primeiro lugar farase unha prospección da fachada, para logo retirar a cruz e restaurar a igrexa. A continuación eliminaranse tamén as escrituras.
A colaboración coa deputación vai máis alá da retirada da cruz. O goberno local tamén solicitou outra axuda para reformar o salón nobre do concello.
As tarefas de retirada da cruz faranse no primeiro semestre do vindeiro ano.