O Castro Alobre agasalla con 300 manteis aos locais de Vilagarcía para fomentar o galego

VILAGARCÍA> O alumnado do Castro Alobre de Vilagarcía reparte os manteis da campaña “O Galego na Hostalería”. Os escolares agasallaron a máis de 30 locais con 300 manteis. Os deseños fixéronnos catro alumnos do centro.

O instituto Castro Alobre en colaboración co Concello de Vilagarcía poñen cada ano en marcha a campaña “O Galego na Hostalería”. O obxectivo é fomentar o galego nos locais da vila. O proxecto comezou en febreiro cun concurso de deseño gráfico onde se escolleron aos mellores traballos e remata co agasallo aos diferentes establecementos de 300 manteis.

Os catro deseños seleccionados foro os de Carla García, Lucía Gutiérrez, Andrea Solla e Xerome Vence, cada un centrou o seu debuxo nunha temática diferente.

As alumnas móstranse moi contentas de que os seus deseños acompañen os pratos de máis de 30 locais da vila.

Nesta sétima edición, dende o Castro Alobre decidiron volver aos manteis por ser un elemento que a xente ve con máis facilidade e así chegar aos clientes para que falen galego.