BARBANZA> Ante a ameaza do coronavirus a gran maioría dos veciños trata de levar esta situación de encerro forzoso o mellor posible, respectando as recomendacións das autoridades sanitarias e, fundamentalmente, quedando na casa para evitar os contaxios.
Ademais de permanecer na casa para evitar os contaxios polo COVID-19, varias son as recomendacións básicas que as autoridades sanitarias aconsellan adoptar como medidas de autoprotección. A primeira delas lavarse as mans a cotío, ben cun desinfectante de mans a base de alcol ou ben con auga e xabón. Así mataríamos o virus.
Ó tusir ou esbirrar, cubrirse a boca e a nariz co cóbado flexionado ou cun pano de un só uso, que logo desbotaríamos para evitar a propagación dos xermes.
Outra das recomendacións pasa por manter unha distancia coa outra persoa de alomenos un metro, evitando ademais tocarse os ollos, a nariz ou a boca. En caso de febre, tose ou dificultade para respirar deberase chamar ó teléfono 900 400 116 para consultar calquera dúbida, ou ó 061 para casos graves e emerxencias.