Ribeira aplaude a posibilidade de poder contar cun cuarto xulgado

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, valorou moi positivamente a proposta do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de crear un cuarto xulgado no municipio. Segundo o rexedor local trátase da primeira vez que o Alto Tribunal inclúe a Ribeira na proposta que lle será remitida para o seu estudo ó Ministerio de Xustiza.

Dende hai tempo víñase solicitando dende diferentes organismos, entre eles o colexio de avogados, o decanato ou o propio Concello, a posibilidade de crear un cuarto xulgado en Ribeira, pero ata o de agora a solicitude nunca fora tida en conta. Agora o TSXG recolle esta demanda por primeira vez na súa proposta que lle será remitida para o seu estudo ó Ministerio de Xustiza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí