O xurado declara deserto o premio do Certame Avilés de Taramancos

NOIA> O Certame Literario Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia quedou deserto. O xurado adoptou esta decisión por unanimidade ó non reunir as obras presentas os mínimos esixidos na baremación.

Este mediodía o xurado do Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos facía público o seu fallo. Nesta vixésimo primeira edición decidiron por unanimidade declaralo deserto.

Como voceiro do xurado, Antonio Piñeiro. Destacou o alto nivel de esixencia deste certame que soe destacar pola gran calidade das obras que concorren. Nesta edición foron os dez os traballos presentados a concurso que, segundo o criterio do xurado, non reuniron os criterios que utiliza o xurado para emitir o seu veredicto.

Dende o concello de Noia agardan tamén que o feito de quedar deserto sexa un aliciente máis para os autores que desexen presentarse en vindeiras edicións mantendo o alto nivel literario polo que se caracteriza este premio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí