Noia avanza no proceso para a contratación dos novos axentes de policía

NOIA> Trala publicación no BOP da oferta pública de emprego para a cobertura de tres prazas de policía local en Noia, o concello traballa xa na elaboración das bases do proceso selectivo. Prevese que poidan incorporarse a principios de 2019. Tras concluír o proceso administrativo, os seleccionados deberán realizar un curso formativo para a súa incorporación como axentes, organizado pola Escola Galega de Seguridade. Mentres tanto, o concello de Noia ten previsto a contratación de auxiliares de policía durante o verán así como o reforzo a través de dúas comisión de servizo. Con estas incorporacións, o concello agarda que se normalice o servizo coa cobertura de tódalas quendas.