RIBEIRA> O concello de Ribeira oferta tres cursos na aula CEMIT para os meses de outubro e novembro. O obxectivo destas actividades formativas é mellorar as competencias dixitais da cidadanía incidindo en temas clave como a realización de trámites administrativos a través de internet ou a ciberseguridade.
O primeiro dos cursos sobre habilidades dixitais ten por obxectivo formar ós usuarios no manexo básico de ordenadores para paliar a fenda dixital na que se ven sumidos, especialmente, os máis maiores.
Impartirase tamén un curso sobre certificado dixital para facilitar a realización de trámites administrativos a través de internet.
A última das propostas, que terá lugar o 26 de outubro, consistirá nunha charla de dúas horas osbre ciberseguridade.
Tódalas actividades serán de balde e xa se pode formalizar a inscrición ben a través da web do cemit ou nas propias instalacións da aula emprazadas en Cubeliños.











