![]()
SANXENXO> Unha viaxe de aprendizaxe sobre o risco do uso de drogas e alcol, foi a que emprendeu esta mañá o orientador Pedro García con estudiantes …
{flowplayer}images/salnes/NOITEconferencia_pedro_garcia_sanxenxo.flv{/flowplayer}
SANXENXO> Unha viaxe de aprendizaxe sobre o risco do uso de drogas e alcol, foi a que emprendeu esta mañá o orientador Pedro García con estudiantes dos institutos de Vilalonga e Sanxenxo e do colexio Abrente.
No salón do Hotel Carlos I de Sanxenxo chegaron a xuntarse máis de cincocentos mozos, ‘e sen facer botellón, hoxe saímos nas noticas’, bromeou Pedro García.
O que fora campión olímpico de waterpolo ofreceu unha conferencia na que explicou como con 17 anos se foi a Barcelona e alí, lonxe da familia e sen ningún control, se dedicou en corpo e alma ó deporte, pero tamén ós excesos. Convertido nun adicto, tivo que deixar a súa carreira de deportista de elite, cun palmarés impresionante para ingresar nunha clínica de desintoxicación.
Pedro García dedica agora a súa vida a orientar e asesorar en áreas relacionadas coa adición e os trastornos de conducta en adolescentes, tanto con conferencias como a través de programas de televisión. E con resultados positivos. A idea de traer a Pedro García xurdíu da ANPA do IES de Vilalonga e foi promovida pola Federación de ANPAS O Con, coa colaboración do Concello de Sanxenxo.
Redacción Salnés








