O GROVE> O concello do Grove recuperará a atención primaria tras máis dun mes e medio sen atender citas. O alcalde agarda que o conselleiro cumpra co seu compromiso pero advirte que a situación da vila é crítica. Esixen solucións urxentes e unha boa planificación para ofrecer unha sanidade digna á veciñanza.
Os alcaldes do Salnés mantiveron o martes unha reunión co conselleiro de sanidade para trasladarlle a súa preocupación pola situación sanitaria que atravesan as súas vilas. Dentro das diferentes preocupacións, no concello do Grove denunciaron que na súa vila levan máis dun mes e medio sen atender citas. Unha situación que o conselleiro de sanidade se comprometeu a mudar.
Segundo o alcalde do Grove, o conselleiro e o xerente da área Sanitaria recoñeceron que a situación era preocupante nesta área e especialmente no Grove. Situación que non se dá noutras áreas. Por iso Jose Antonio Cacabelos pide que se realice unha mobilidade funcional.
O alcalde do Grove tamén considera que a contratación de 11 médicos para todo o Salnés en setembro será insuficiente, ademais de lembrar que a maior urxencia é no mes de agosto.
No caso do Pac, a vila conta con dous médico dos catro médicos que debería ter. Jose Antonio Cacabelos agarda que a solución de os seus froitos que o Pac non volva a quedar baleiro e que a vila recupere a atención sanitaria. Pero aínda así, pide á xunta unha maior planificación para dotar aos concellos dunha sanidade digna.