A Arousa Futbol 7 presenta o calendario da fase final

SALNÉS> O comité organizador Arousa Futbol 7 ven de dar a coñcer o calendario de competición para a fase final. O encontro inaugural disputarano Deportivo da Coruña e Inter mentres que o título decidirase o domingo 29 a partires das 20:30. Un día antes enfrontaranse Barça e Madrid que quedaron emparellados no mesmo grupo.

A Arousa Futbol 7 terá o seu particular clásico do futbol español o sábado 28 de maio, cando a partires das 18:05 enfróntense os equipos alevín de Real Madrid e Futbol Club Barcelona. Será o mesmo día no que se celebra a final da Champions League, por iso a organización decidíu que a xornada sabatina rematase ás 20:15 para permitir a xogadores e afeccionados seguir o partido. O Barça – Madrid será un dos grandes atractivos do torneo, se ben ambos equipos poderían volver a atoparse nunha posible final xa que quedaron encadrados no mesmo grupo, no C, xunto a Celta de Vigo e Calasanz, que terán que sufrir ós dous colosos do futbol español.

No Grupo A estarán Deportivo da Coruña e Inter de Milán, que enfrontaranse no partido inaugural do torneo o venres 27 ás 16:00. Xunto a eles loitarán os alemáns do Borrussia Dortmund e o Quirinal.

No Grupo B o Conxo de Santiago terá que medirse ante Sporting de Xixón, Liverpool e Español de Barcelona.

No D, Areosa e Ural teñen como rivais a Valecia e Cerezo Osaka xaponés.

Nesta edición de 16 equipos pasarán á seguinte rolda de cuartos de final tan só os dous mellores de cada grupo. As eliminatorias comezarán o domingo ás 11:20 e rematarán coa gran final ás 20:30. Os equipos que non pasen o corte de grupos competirán nunhas eliminatorias paralelas que servirán para determinar a clasificación final do primeiro ó último posto.

Redacción Salnés