O ‘Road Show’ da Federación Española de Baloncesto aparca en Pontevedra

PONTEVEDRA> O baloncesto reinará en Pontevedra esta fin de semana. Dende o sábado ata o luns, a Federación Española instalará na cidade o seu Road Show, quecendo motores para o Campionato do Mundo infantil e xuvenil que se celebrará o vindeiro verán.

 

O baloncesto tomará esta fin de semana a praza de España. O Road Show da Federación Española fará parada na cidade, despregando pistas e demais infraestruturas para acoller un torneo na rúa ou clinics impartidos polo exxogador Fernando Romay.

O deporte continuará o luns, desta volta co Arxil como anfitrión. Na Avenida Montero Ríos celebrarase a décimo terceira edición do Día do Baloncesto, coa participación de numerosos colexios no torneo de 3×3.

O concello volve apostar por este tipo de actividades que, ademais de xerar actividade económica para Pontevedra xeran actividade deportiva.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/29/baloncesto_pontevedra_290414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/29/baloncesto_pontevedra_290414.mp4{/flowplayer}