O Arosa recurrirá a sanción de cinco partidos ó centrocampista Jesu

VILAGARCÍA> Ó Arosa non lle deixan de xurdir problemas. Agora en forma de sanción. E é que o centrocampista Jesu vaise perder os vindeiros cinco partidos despois de que o Comité Competición lle sancionase deste xeito por unha suposta agresión a un rival no partido ante o Areas. O presidente Manuel Abalo, avanzou esta tarde que si recurrirán. Cinco partidos son os que caéronlle a Jesu, unha pola súa expulsión ante o Areas e catro pola suposta agresión sen causar lesión nunha trifulca posterior ó encontro do pasado domingo. Unha pelexa da que Manuel Abalo di non saber nada. Parécelle desmesurada a sanción e anuncia que a van recurrir. A ausencia de Jesu non sería tanto se non fora porque Camiño, Rivas ou Quique Cubas non estiveran lesionados. Faltan as pezas clave do equipo. Con todo, o presidente conta que Cubas ou o recén chegado Pablo Pillado, poidan xogar esta fin de semana en Cerceda. Sobre esta fichaxe o presidente apuntou que as dúas partes saen gañando. Malia tódolos problemas que se plantexan, o Arosa acudirá esta fin de semana ó campo do Roxo coa intención de dar a sorpresa ante un dos equipos máis fortes da competición, como é o Cerceda. Abalo di, que non se pode renunciar a nada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/arosa600_211113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/arosa_211113.mp4{/flowplayer}