Un pobrés atopa a un descoñecido durmindo na súa vivenda

    okupapobra_100.jpgA POBRA> O home accedeu á casa, que se atopa deshabitada, forzando a porta de entrada. Foron os veciños os que avisaron ó propietario.

    Unha casa desocupada situada no barrio do Xogo da Bola recibiu a noite do pasado mércores un invitado sorpresa. Un home, identificado como J, S, S, veciño da localidade entrou no inmoble onde quedou a durmir. Varias persoas que residen a carón da vivenda decatáronse da presenza o ‘okupa’ e deseguida avisaron ó dono do que estaba acontecendo.

    {flowplayer}barbanza/okupapobra.flv{/flowplayer}

    Visitante reincidente

    Tras proceder a súa identificación por parte dos axentes da policia local, o home quedou en liberdade. Non é a primeira vez que os veciños do Xogo da Bol, teñen que chamar ós municipais por feitos similares, dado que, o parecer, este individuo é reincidente. En ocasións, queda a durmir noutro inmoble desta rúa, que está es estado totalmente ruinoso. Os veciños aseguraron que o viron saír do interior da vivenda abandonada esta mesma semana.

    Os residentes temen que a situación mesmo poida ir a peor e se cheguen a repetir incidentes de meses anteriores, cando un vándalo plantou lume na porta de entrada dunha das vivendas da rúa.

    Redacción Barbanza