![]()
POIO> O goberno local ve nesta inviabilidade unha manobra política do Partido Popular para conseguir o retraso da nova infraestrutura.
{flowplayer}images/salnes/PLAN_PARCIAL_FRAGAMOREIRA.flv{/flowplayer}
A altura máxima recollida para as naves industriais, o escaso número de prazas de aparcamento, a non delimitación definitiva das parcelas ou a falta de indicación para o establecemento dos servizos exteriores, son algunhas das cuestións recollidas no plan parcial de Xestur que farían inviable e ilegal a construción do novo polígono.
E é que dende o concello asegúrase que estas incompatibilidades co PXOM e coa Lei do Chan galega xa foron sinaladas en dúas reunións cos técnicos de Xestur, empresa da que é xerente Javier Domínguez, candidato popular á alcaldía poiense. Unha postura na que o bipartito ve unha manobra política.
O vindeiro mércores, a comisión informativa de urbanismo dará conta dos informes que se fixeron sobre a inviabilidade do plan parcial do parque empresarial de Fragamoreira, un problema que dende o goberno local agardan se solucione.
Redacción Salnés









