Iván Puentes e Yoya Blanco viaxarán a Bruxelas na procura de novos fondos europeos para Pontevedra

PONTEVEDRA> Os concelleiros Iván Puentes e Yoya Blanco viaxarán a Bruxelas co obxectivo de captar novos fondos europeos para Pontevedra. Farano convidados polo Grupo Socialista Europeo os días 12 e 13 de abril. Na comparecencia de hoxe anunciaron dúas novas citas xa para o mes de xuño: a bienal de cidades en transición en Grenoble e o congreso de cidades verdes na cidade sueca de Malmö.

Pontevedra buscará captar máis fondos europeos en Bruxelas. Os días 12 e 13 de abril os concelleiros Iván Puentes e Yoya Blanco teñen programada unha viaxe institucional convidados polo Grupo Socialista Europeo.

Alí reuniranse coa oficial de Políticas para o Desenvolvemento Territorial e Urbano na Comisión Europea, co Grupo de Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo, co exministro español e actual presidente da comisión de Liberdades Civís, Juan Fernando López Aguilar e co representante da Nova Bauhaus Europea, entre outros. A viaxe estará financiada polo Partido Socialista, para evitar problemas nesta etapa preelectoral.

Ademais, os concelleiros anunciaron outras dúas citas internacionais. Desta volta para o mes de xuño. Os días 9 e 10 na cidade francesa de Grenoble para participar na bienal de cidades ante o reto da transición ecolóxica e o 15 na localidade sueca de Malmö para o congreso de cidades verdes ‘Creating the Green City’.

Puentes explicou que aínda está por definir cal será a delegación que participe nestas dúas citas, que se celebrarán despois das eleccións municipais e a escasos días da constitución da nova corporación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí