Centos de flores á venda na nave Peña de Cambados para o Día de Defuntos

    CAMBADOS> Centos de flores á venda por Defuntos na nave Peña de Cambados.  O coñecido como “Mercado das Flores” mudou este ano de sitio por iniciativa do concello, que regularizou os 26 postos que participan. Dende o día 28 e ata o domingo todos os que o desexen poderán atopar alí todo tipo de centros e flores.

     

    Dende as 8 da mañá e ata as 10 da noite as floristas de Cambados, varias agricultoras locais e vendedoras de localidades como Barro, Marín ou Portonovo congréganse no salón Peña para acoller o “Mercado das Flores”. Coa nova localización as vendedoras están a cuberto, evitan o frío e poden deixar alí dun día para outro a mercancía. A pesares das dúbidas acerca do lugar, algo máis lonxe do mercado do que estaban antes, as floristas esperan que as vendas non decaian pola publicidade que lles está a facer o Concello e contando tamén coas compras de última hora.

    Cheas de color e cun arrecendo que inunda a nave, as flores máis demandadas repiten ano tras ano. Con prezos para todos os petos, os clientes poden levar un centro xa feito ou crear un eles mesmos. Todo o necesario para lembrar aos que xa non están.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/30/mercado_flores_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/30/mercado_flores_cambados.mp4{/flowplayer}