Modesto Pose non recollerá a súa acta de concelleiro

    VILAGARCIA>Continúa a pingueira de renuncias no seo do Partido Socialista de Galicia. Desta volta é Modesto Pose Mesura, o que foi ata…

    {flowplayer}images/salnes/modesto_pose_ok.flv{/flowplayer}

    …o domingo alcaldable pola equipa socialista en Vilagarcía, o que tralos malos resultados obtidos, decide deixar a capital arousá para continúar cas súas tarefas no parlamento galego. Pose Mesura podería non chegar a recoller sequera a súa acta de concelleiro en Vilagarcía, en orde ás directices do líder do PSdeG, Pachi Vázquez, de que cada persoa acumule só un cargo.

    Mentres tanto, en Vilagarcía quere que a executiva local se rexenere canto antes cos que van a ser concelleiros nos vindeiros anos, como poden ser Tania García, Miro Serén, Lino Mouriño, ou Manuel Rodríguez Cuervo, alomenos nos primeiros tempos. Xa como secretario provincial dos socialistas pontevedreses Pose fai unha chamada á responsabilidade dos seus candidatos para que sigan unidos nestes tempos de dificultade.

    Modesto Pose ten convocada unha reunión da executiva provincial para o vindeiro sábado, de onde sairá unha comité provincial que analice os resultados recollidos na provincia, á espera doutros congresos a nivel autonómico e nacional que sexan convocados.

    Redacción Salnés .