VILAGARCÍA> O ciclo de Outono de Vilagarcía estará composto por catro obras de teatro. Agadic e o concello traerán á vila actuacións do primeiro nivel da escena galega. Bernarda será a función que abra a programación o 19 de Outubro.
O concello de Vilagarcía e Agadic presentan o segundo semestre de actuacións teatrais en Vilagarcía. En total serán catro as funcións que completen o ciclo de outono. A obra que abrirá o espectáculo será Bernarda de Malasombra produccións, o 19 de outubro no auditorio da vila.
A segunda das funcións terá lugar o 16 de setembro. Será a obra Anatomía dunha serea de Chévere e terá lugar no Salón García.
A terceira obra titúlase O Electo, da compañía Contraproduccións. Terá lugar o 23 de novembro e trata sobre a relación dun político co seu médico tras un problema durante o período electoral.
E pechará o ciclo o 15 de decembro Arlequina da compañía Os monicreques de Kukas. Un espectáculo para tódolos públicos.
A obra Bernarda ven de gañar o premio da mostra de teatro de Cariño, Anatomía dunha serea está protagonizada pola gañadora do premio María Casares e os monicreques de Kukas cumpren corenta anos de espectáculos. Galardóns que demostran que o ciclo de cine de Vilagarcía está composta por obras de primeiro nivel da escena galega. O custo das entradas é de 5 euros en xeral e de 3 euros para determinados colectivos.