A AECC recada fondos para a loita contra esta enfermidade

    aecc copia100.jpg CAMBADOS> A organización local instalou onte dúas mesas: unha na praza de concello e outra na praza de abastos. Hoxe, a campaña trasladouse ás igrexas.

    {flowplayer}images/salnes/ASOCIACION_CANCRO_RECADACION_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
    Cambados acolleu esta fin de semana a campaña de recadación de fondos da Asociación Española contra o Cancro. Unha iniciativa coa que a organización apela á colaboración cidadá para conseguir cartos e poder avanzar na loita contra esta enfermidade.
    Na mañá de onte, a praza do concello e a praza de abastos, foron os puntos escollidos para a instalación de dúas mesas onde os veciños puideron facer as súas doazóns e conseguir información sobre a asociación. Hoxe, a campaña trasladouse ás portas das igrexas, aproveitando a saída das misas. Un traballo que, segundo o presidente local, consegue bos resultados.
    Ademais desta recollida de fondos, que se realiza a nivel nacional, o vindeiro martes a Asociación iniciará unha campaña para previr o tabaquismo. A iniciativa estará centrada na xuventude, por iso se centrarán no instituto cambadés Asorey para informar e tratar de concienciar os alumnos.
    Redacción Salnés