O Lembranza acusa ó concello de manipular o informe policial

    VILAGARCÍA> Volve a palestra a polémica do concello coa Vinoteca Lembranza. Un establecemento que foi sancionado no seu día con 600 euros e un mes de peche por excederse nas celebracións da Festa da Auga. A multa está pagada e o peche aínda non se levou a cabo. O tema está nos xulgados que será onde se decida se o establecemento foi amonestado conforme á lei ou non. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra ven de acoller a vista oral entre a Vinoteca Lembranza e o concello de Vilagarcía. Ravella sancionara a este bar con 600 euros e o peche do local durante un mes polos seus excesos na celebración da Festa da Auga, en 2012. A multa foi abonada pero o peche non se levou a cabo toda vez que o xuíz aceptou as medidas cautelares solicitadas polo propietario do establecemento. Durante o xuízo o avogado deste acusou ó concello de ter manipulado os informes nos que se detallan as infraccións, xa que alomenos outros dous establecementos estaban tamén abertos a esas horas da tarde, con barras exteriores, e non foron sancionados. Falan polo tanto dun agravio comparativo. Outro dos argumentos que esgrime a defensa é a presunta caducidade dos expedientes sancionadores, que por tratarse de falta leve debería terse resolto no prazo dun mes e o concello fíxoo en cinco. Ademais, sería un tipo de infracción que nunca conlevaría un peche. Pola súa parte, o Concello personou no xuízo a dúas testemuñas que finalmente non declararon por decisión da xuíz. Canalriasbaixas dirxíuse directamente ó alcalde para coñecer a súa opinión sobre este asunto. Tomás Fole di que non fará declaracións sobre o tema ata que os tribunais dicten sentencia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/lembranza600_081113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/lembranza_081113.mp4{/flowplayer}