Vilariño homenaxea o labrego coa trixésimo edición da súa festa

    labrego copia100.jpg CAMBADOS> Carros do país, tractores, cabalos, carrozas e diferentes animais, conseguiron congregar a centos de veciños no entorno do campo de Burgáns.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_LABREGO_VILARINO.flv{/flowplayer}
    A parroquia cambadesa de Vilariño celebrou hoxe a trixésimo edición da súa Festa do Labrego. Carros do país, tractores, cabalos, carrozas e diferentes animais, conseguiron congregar a centos de veciños no entorno do campo de Burgáns para pasar o día celebrando esta popular cita.
    A festa comezou co desfile dos participantes dende o Cruceiro ata o campo de Burgáns, traxecto no que non faltaron os grupos folclóricos e o público que xa comezou a desfrutar da festa a primeira hora da mañá. Despois as actuacións musicais, o reparto de chourizos e pan de millo ou a subhasta de produtos agrarios, mantiveron o ambiente durante toda a tarde.
    No que se refire os premios, a organización entregou unha cesta de produtos típicos galegos ó grupo máis numeroso que participou no xantar. Pola súa banda, o tractor mellor engalanado, o mellor carricao e o mellor carro do país, foron premiados con 190, 130 e 60 euros respectivamente.
    Redacción Salnés