O Porto Vilagarcián conmemora a súa declaración de Interese Xeral

    VILAGARCIA> O 30 de maio do 1888 o Porto de Vilagarcía era declarado de Interese Xeral mediante unha orde Ministerial, ante o crecente importancia…

    {flowplayer}images/salnes/consello_navegacion.flv{/flowplayer}

    … destas instalacións, principalmente a partires da inauguración do peirao de Ferro fronte a Carril. Esta efeméride foi conmemorada hoxe polo actual Autoridade Portuaria cun Consello de Navegación e Porto.

    Esta xuntanza comezou ca constitución do novo Consello, trala renovación dos 30 membros representantes de distintos organismos que o integran. Unha vez coñecidos os novos persoeiros, aprobáronse os dous comités cos que o Consello de Navegación e o Porto exerce as súas labores de asistencia e información á Capitanía Marítima e ó Presidente da Autoridade Portuaria; para conseguir, entre outras cousas, proporcionar un servicio máis eficiente e sostible.

    Logo, o propio Presidente da Autoridade Portuaria foi o encargado de dar a coñecer a Carta de Servicios, tanto dos propios como dos prestados polas empresas proveedoras, cos que pretenden garantir un futuro exitoso para a rada vilagarciá e tamén para o seu entorno; tal e como testemuñan as últimas cifras de negocio deste porto, que durante o ano pasado moveu mercadorías por un valor superior a máis de 400 millóns de euros.

    Redacción Salnés