Martín comprométese a facer do polígono de Nantes o motor económico de Sanxenxo

    SANXENXO> Potenciar o polígono de Nantes, en Sanxenxo, será prioritario para Telmo Martín. Se acada a alcaldía, o candidato popular comprometeuse a telo en servizo nos vindeiros seis meses. Martín foi máis aló, e asegurou que cara o final da lexislatura o parque empresarial será o motor económico e de creación de emprego do concello.

     

    Atraer empresas ao polígono de Nantes é unha das principais apostas de Martín. O popular está convencido das potencialidades de Sanxenxo e deste parque empresarial, tanto que asegura que estará en funcionamento nos vindeiros seis meses.

    Con este obxectivo, de acadar a alcaldía o popular constituirá unha oficina económica para potenciar este parque empresarial.

    Martín aposta por crear novos eventos na vila. A intención do alcaldable é a creación dunha Feira de Conservas de Peixe, que coincidiría no calendario coa Festa da Raia.

    O desbloqueo da Cidade Deportiva, a rexeneración das praias, un plan para embelecer Portonovo ou a construción do colexio de Vilalonga, son outros dos compromisos que Martín inclúe no seu programa, que presentou onte nun Pazo Emilia Pardo Bazán ateigado de veciños.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/almorzo_telmo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/almorzo_telmo.mp4{/flowplayer}