O goberno de Vilanova aprobará unha moción para reclamar o seu propio cuartel da Garda Civil

VILANOVA>  O goberno de Vilanova adiantou que apoiarán a moción de Gañemos para reclamar un cuartel da Garda Civil para a vila. Gonzalo Durán aclarou que ao marxe dO que pase en Vilagarcía, o seu municipio merece ter un cuartel ao superar os 10 mil habitantes. O alcalde vilanovés pon a disposición do Ministerio do Interior o terreo que eles consideren máis axeitado para construír a base da benemérita.

O goberno de Vilanova sumarase á moción que Gañemos presentará no Vindeiro pleno para reclamar un cuartel da Garda Civil para a vila. Gonzalo Durán asegura que apoiarán a proposta e agarda que sexa aprobada por unanimidade. O alcalde vilanovés recorda que esta iniciativa xa a levou el a pleno no 1992 e que dende entón solicitou o cuartel en numerosas ocasións.

Dende Vilanova queren evitar o conflito xurdido en Vilagarcía polo suposto traslado do cuartel. Aseguran que lles correspondería ter unha base no seu municipio ao contar con máis de 10 mil habitantes.

Gonzalo Durán destaca a importancia que tería para Vilanova ter un cuartel da Garda Civil.

O goberno vilanovés asegura que fará todo o posible porque o cuartel se sitúe no municipio. E poñen a disposición do Ministerio do Interior o terreo que eles consideren máis axeitado.

O rexedor vilanovés quixo recordar que a garda civil xa tivo un cuartel en Vilanova que ardeu hai 30 anos. Considera que a falla de dilixencia do goberno de entón foi o que provocou que a benemérita marchase da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí