Comeza na Illa a XXIII Festa do Mexillón

    A ILLA> Hoxe comezou na Illa da Arousa a vixésimo terceira Festa do Mexillón; unha evento gastronómico destinado a recadar fondos para o club de fútbol Céltiga, ó tempo que se promociona un dos productos primordiais para a economía local.

    Comer mexillón nunca tivo tantos beneficios: amais das propias cualidades alimenticias deste mitilo degustalo esta fin de semana na Illa da Arousa reportará unha importante axuda económica ó Club de Fútbol Céltiga. Esta organización deportiva argalla a vixésimo terceira Festa do Mexillón co fin de conseguir financiamento para manter a canteira e ó equipo que ten en rexional preferente ó longo de todo o ano. Amais da propia degustación, o domingo pola mañá a Festa inclúe no seu programa un concurso gastronómico de pratos feitos a base de mexillón. Haberá premio para os tres máis saborosos e os tres mellor presentados. Esta exaltación vai a servir tamén para promocionar un producto fundamental para a economía da Illa, que arestora non está a atravesar o seu mellor momento. Os organizadores e as Administracións local e provincial convidan a veciños e visitantes a probar este producto fresco da ría en múltiples preparacións. O Presidente da Deputación Provincial comprometeuse a colaborar na execución dunha estructura semipermanente no paseo do Campiño para facilitar a celebración dos distintos eventos que cada verán organizan as asociacións deportivas locais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/08/mexillon_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/08/ptac_mexillon_illa.mp4{/flowplayer}