Jorge María López desvela mañá o seu futuro no PSOE vilanovés

    VILANOVA> Jorge María López, o que foi candidato á alcaldía do PSOE de Vilanova nas pasadas eleccións municipais do 22 de maio, xa ten case…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_vilanova.flv{/flowplayer}

    … tomada a súa decisión de seguir como líder da oposición ou continuar no seu posto de funcionario neste Concello; dúas tarefas incompatibles. Esta noite, Jorge María López está a expoñer o seu parecer nunha xuntanza que está a manter cos secretarios xerais do partido nesta comarca.

    A partir desta xuntanza, e segundo o acordado con estes seus compañeiros, mañá martes reunirase cos seus compañeiros de partido en Vilanova para contarlles a súa decisión final. As razóns que está a sopesar Jorge María son de índole persoal e familiar e sempre pendente de poder seguir contando cus ingresos mensuais que cubran as súas necesidades e as dos seus.

    No suposto de que rexeitase o seu cargo de edil, sería Valentín Caamaño de Tremoedo ó que ocuparía o seu posto de líder da oposición socialista, aínda que Jorge María agarda poder seguir tendo voz nesta formación local, pase o que pase. De todos xeitos, xa se dá por sentando que esta semana haberá unha asemblea do partido na que se falará destes e doutros temas que derivaron da última noite electoral.

    Redacción Salnés