Ampla oferta lúdica para celebrar o Nadal en Porto do Son

PORTO DO SON> Porto do Son celebrará o Nadal cunha ampla oferta de actividades para tódolos públicos . Música, cine, obradoiros e mesmo un mercado de Nadal compoñen este amplo programa que convida a gozar destas festas no Son.

Aínda que os principais destinatarios do programa de Nadal son os máis pequenos, o concello de Porto do Son porá en marcha actividades para toda a familia. Destacan entre outras, o musical ‘O Mundo Máxico de Pinocho’ que terá lugar o día 10 en Portosín,  os festivais de pandereteiras e da escola municipal de piano así como os inchables,obradoiros e as charangas que percorrerán o concello nas datas máis sinaladas.

Ademais da programación deseñada por Cultura, destaca a achega da concellería de Promoción Económica co mercado de Nadal que se desenvolverá o día 11 no Curro de Portosín ou a campaña de dinamización do comercio local.

Dado o éxito de anos anteriores, o concello volve apostar por levar a Papá Noel e ós Reis polas parroquias así que os días 23 de decembro e 5 de xaneiro estas comitivas máxicas percorrerán todo o municipio para visitar   a tódolos nenos.

Este ano o concello porá en marcha tamén un concurso de decoración de vivendas que repartirá cestas e lotes de produtos locais entre os tres primeiros clasificados.