A Audiencia Provincial condena a Alonso por calumniar a Velo

    condenaalonso100.jpgBOIRO> O presidente de ICBoiro, Manuel Velo, vén de facer pública unha sentenza que condena ó ex alcalde Jesús Alonso por un delito de calumnias.

    {flowplayer}barbanza/condenaalonso.flv{/flowplayer}

    Os feitos ós que se refire a sentenza aconteceron hai catorce anos cando no transcurso dun pleno Jesús Alonso acusou a Manuel Velo de ter recibido un pago a cambio da concesión dunha licenza.

    En primeira instancia, o Xulgado do Penal Número 1 de Santiago absolveu ó ex alcalde popular. Sen embargo, agora, trala apelación de Velo a audiencia provincial ven condenalo por un delito de calumnias con publicidade cunha pena de doce meses de multa nos que deberá aboar dez euros diarios. Así mesmo, deberá asumir as costas xudiciais e a publicación da resolución nun diario.

    ‘Expediente falso’

    Ademais de dar conta da sentenza, Manuel Velo informou de que vén de presentar no concello un informe coas características técnicas e licenza dun establecemento de turismo rural propiedade da súa familia. Segundo o voceiro de Iniciativa Cidadá, o anterior goberno do PP abriulle un expediente falso.

    Con este informe pretende demostrar que tanto as aliñacións como as características da obra axústanse á licenza polo que non incorreu na ilegalidade.

    Redacción Barbanza