RIANXO> A primeira das actuacións a realizar será o saneamento e abastecemento de auga a Quintáns na parroquia de Isorna. Un proxecto que o goberno local tiña en mente dende hai anos, pero que por unha ou outra razón aínda non puidera executarse.
A actuación virá a dar servizo a unhas 35 vivendas deste núcleo, que unha vez rematadas as obras poderán dispoñer destes dous servizos básicos.
O investimento desta proxecto ascende a uns 215 mil euros, e o prazo de execución dos traballos estímase nuns seis meses.
O outro dos proxectos será a ampliación da rede de saneamento ó lugar de Corques, en Taragoña. Afectará a unhas 25 vivendas. O importe da obra neste caso ascende a uns cen mil euros.
As dúas actuacións estaban incluídas no Plan Único da Deputación da Coruña de 2022.