![]()
VILANOVA> As obras, que serán financiadas por Augas de Galicia, teñen por obxectivo recuperalo banco marisqueiro e o atractivo turístico da zona.
{flowplayer}images/salnes/MEDIO_AMBIENTE_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Esta mañá o alcalde en funcións de Vilanova, Gonzalo Durán, presentou o proxecto para a recuperación do banco marisqueiro de Rego Alcalde e da zona das Patiñas. O fixo despois de adquirir onte o compromiso de financiamento da obra por parte da Consellería de Medio Ambiente e de que os traballos estarán rematadas antes de final de ano.
O obxectivo desta obra que será financiada por Augas de Galicia é evitar vertidos á praia das Patiñas e recuperalo banco marisqueiro da zona. Tal e coma xa coñeciamos a obra vai consistir na instalación dun novo colector en Rego do Alcalde polo que o bombeo situado ó carón do areal traballará só en caso de emerxencias.
Con esta infraestrutura, que acadará os catrocentos trinta e dous mil euros de inversión, obterase o mesmo resultado que no Esteiro.
Ó tempo Durán anunciou que xa está en licitación o proxecto para a mellora da seguridade viaria da PO 549. Esta consistirá na construción de beirarrúas, semáforos e novos pasos peonís.
Redacción Salnés










