RIANXO> O executivo rianxeiro segue a dar pasos de cara a dotación dos servizos básicos naquelas zonas nas que a día de hoxe existen carencias. É o caso dos núcleos de A Coviña, Fachán, e Chorente na parroquia de Taragoña, que na actualidade carecen de rede xeral de abastecemento.
A actuación con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña de 2023, vén de saír xa a licitación, cun orzamento de algo máis dos 88 mi euros.
O Concello agarda poder darlle continuidade no futuro a este tipo de obras ampliando a rede de abastecemento de auga municipal a aqueles núcleos que na actualidade carecen del como o caso da Cruz, a Burata ou o Curral, entre outros.