O BNG aposta polo derrubamento do encoro do Umia

    VILAGARCÍA> O BNG aposta polo derrubamento do encoro do Umia. O partido ven de presentar unha emenda aos orzamentos da Xunta para o 2015 para que se inclúa unha partida de 150 mil euros para estudar esta posibilidade. Aseguran que o encoro é prexudicial para a calidade da auga e para o sector marisqueiro. Xunto a esta, presentaron máis de 50 emendas, entre elas unha coa que insisten en consignar máis de 9 millóns de euros á ampliación do Hospital do Salnés.

     

    Destinar unha partida de 150 mil euros a estudar o posible derrubamento do encoro do Umia. Esta é unha das emendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta para o 2015..

    Aseguran que a infraestrutura é lesiva para o sector marisqueiro porque provoca o depósito de lodos que levan á morte do marisco, e que a continua presenza da microcistina pon en dúbida a calidade da auga.

    Esta é unha das máis de 50 emendas do BNG que se debaterán no Parlamento galego a mediados do vindeiro mes. Entre elas, outra coa que insisten en fixar unha partida de 9 millóns 700 mil euros para a ampliación do Hospital do Salnés.

    A mellora da seguridade na vía rápida do Salnés no tramo Sanxenxo-O Grove, a creación dun cuarto xulgado en Vilagarcía, a realización dun plan especial para a DO Rías Baixas e doutro que contemple medidas para a recuperación do marisqueo, son outras das propostas que completan a listaxe de emendas, que acadan unha contía próxima aos 40 millóns de euros para a comarca.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/19/bng_orzamentos_xunta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/19/bng_orzamentos_xunta.mp4{/flowplayer}