Silva afea a falta de mulleres no Foro La Toja e reclama a presenza do ‘52% da poboación’

O GROVE> O foro convoca na Toxa a decenas de persoeiros de diferentes eidos da política e da economía, principalmente. Iso si, de todos os relatores 44 son homes e só 4 mulleres. Esta proporción non pasou desapercibida para a presidenta da Deputación de Pontevedra. Hoxe, Carmela Silva explicou que trasladará o seu malestar á organización porque, insistiu, así o foro non é representativo da realidade.

Carmela Silva cuestionaba o plantel de relatores escollidos para a segunda edición do foro La Toja. Son 29 homes e só catro mulleres. Ademais, a moderación das mesas e os actos de apertura e peche só teñen homes á súa fronte.

Silva explicou que trasladará estas queixas aos organizadores nunha carta. Agardando, ademais, que esta situación non se repita en futuras edicións do foro.

A presidenta da Deputación ten previsto asistir mañá ao acto de clausura. Momento que, asegurou, aproveitará tamén para trasladar aos organizadores o seu descontento de xeito persoal.