A nai de Diana Quer volverá esta semana ó Barbanza para declarar no xulgado de Ribeira

    POBRA> Diana López-Pinel, a nai da moza madrileña desaparecida hai máis de 3 semanas na Pobra, volverá previsiblemente esta semana á localidade do Barbanza, onde veraneaba a familia e onde se perdeu a pista de súa filla. Faráo para declarar nos Xulgados de Ribeira o venres pola mañá. Está previsto que a nai de Diana Quer declare este venres nos dous Xulgados que hai no concello riveirense. Por un lado, en relación á retirada da custodia da súa filla menor, que o xulgado de instrución número 2 de Ribeira ditou hai dúas semanas, e trala cal, Valeria pasou a estar co seu pai, Juan Carlos, separado de Diana López Pinel desde hai catro anos. O abogado da nai leva insistindo no desexo de que a súa defendida poida declarar sobre este tema e sobre todo, coñecer segundo dí, os motivos desta decisión, que considera inoportuna. Antes, Diana López Pinel declarará no Xulgado número 1 que é o que instrúe o caso da desaparición da súa filla maior Ademais, hoxe soubemos que a Garda Civil visitou onte, e durante varias horas, á nai de Diana na súa casa madrileña, para repasar con ela os movementos de Diana nos días previos á súa desaparición, e así poder coñecer con qué persoas puido pasar a noite da súa desaparición. Un voceiro da familia transmitiu a través da páxina de facebook “Ayuda Diana María Quer”, unha nota de agradecemento pola colaboración que está atopando a familia, ao tempo que pide respecto para a mesma, en referencia aos comentarios que segundo dí, só crean polémica e dor. 22 días despois da desaparición, hoxe aínda nada se sabe de Diana Quer.