A Xunta presenta o Decreto que regula a instalación de centros comerciais

    autorizacioncomercial copia.jpg SALNÉS> As áreas de máis de 2.500 metros cadrados deberán cumprir esixencias ‘urbanísticas, enerxéticas e de mobilidade’.

    {flowplayer}images/salnes/AUTORIZACION_COMERCIAL_AUTONOMICA.flv{/flowplayer}

    Coa publicación deste decreto avánzase no desenvolvemento da Lei de Comercio de Galicia, en vigor desde hai uns meses. Regula o procedemento que deberán seguir todas aquelas empresas ou sociedades que desexen implantar un centro comercial que supere os 2.500 metros cadrados de superficie, á vez que preservar, segundo o goberno galego, os intereses do pequeno comercio e dos consumidores.

    Entre as esixencias que deberán cumprir os promotores de grandes superficies comerciais para poder obter a correspondente licenza de implantación, está a realización dun estudo de mobilidade no que se constate o volume de tráfico que existirá nas proximidades do recinto, así como o establecemento de liñas de trasporte público regulares que comuniquen co núcleo urbano, unha praza de aparcamento por cada 20 metros cadrados de superficie útil ou puntos de recarga para vehículos eléctricos. Tamén se obrigará ó establecementos a trazar plans de eficiencia enerxética e xestión de residuos, e as superficies comerciais deberán contar con servizos de interese xeral como ludoteca, gardería ou sala de lactación.

    Redacción Salnés