SANXENO> Dende o sector turístico celebran a iniciativa dos bonos da Xunta de Galicia. Para o Cets de Sanxenxo é unha medida moi importante que supón unha gran axuda para dinamizar o sector. Dende as axencias de viaxes van máis alá e sinalan que os bonos poden salvar a moitos negocios do peche definitivo.
Os bonos turísticos da Xunta de Galicia recibiron unha gran acollida do público pero tamén do sector. Os hoteleiros e as axencias de viaxes celebran a iniciativa da administración autonómica para reactivar o turismo.
Dende as axencias de viaxes advirten que os bonos permitirán salvar a moitos negocios.
Tamén agardan que os clientes confíen nas axencias antes que nas compras por internet por todo o paquete turístico e as vantaxes que ofrecen.
Para o sector está sendo unha gran oportunidade para que os propios galegos coñezamos máis a nosa comunidade.
Dende o sector lembran aos visitantes que as ofertas turísticas da Xunta de Galicia non rematan cos bonos turísticos. A administración autonómica tamén ten en marcha o programa Elixe Galicia para fomentar os viaxes pola comunidade.