VILAGARCÍA> Viños, gastronomía e agora tamén moita música. Esa é a carta de presentación da sétima edición de Castes, a feira independente do viño que acollerá Vilagarcía entre o 22 e o 24 de novembro. A cita segue expandíndose, coa participación de máis dun cento de adegas nacionais e internacionais. Na programación paralela salienta o nacemento desa nova proposta musical paralela, coas actuacións xa confirmadas de Depedro, Belako, Catuxa Salom ou The Agapornis.
Ano tras ano o Castes de Vilagarcía segue expandíndose. A sétima edición desta feira independente do viño celebrarase en Vilagarcía do 22 ao 24 de novembro. Este ano, coa implicación de máis dun cento de adegas.
A feira é o gran paraugas arredor do que se artella o resto de programación. Un conxunto de propostas que busca divulgar a cultura do viño e poñer en valor o sector. Este ano haberá varios cursos de iniciación dirixidas por sumilleres galegos. Destaca tamén o campionato de degustación de viños, situado xa como o terceiro máis importante de España, por número de participantes e premios.
Pero a gran novidade deste ano é a creación dun subevento, o Castes The Musical, con propostas como Depedro, Belako, Catuxa Salom ou The Agapornis.
Na presentación da edición deste ano estiveron presentes todas as administracións colaboradoras. Dende o Concello de Vilagarcía salientan a expansión que esta a vivir Castes.
Tamén colaborar a Xunta, a través de Turismo de Galicia, e a Deputación de Pontevedra. Ambas administración coinciden en que esta cita é un boa foa ferramenta desestacionalizadora para a comarca, así como para a promoción do sector.
A programación completa do Castes 2024 poderase consultar en breve a través da súa páxina web.











