![]()
VILAGARCÍA> A Banda de Música ofreceu esta mañá un concerto didáctico ós alumnos da Escola Infantil Municipal.
{flowplayer}images/salnes/escola_musica_garderia_vilagarcia.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Din que a música amansa ás feras e hoxe na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía os pequenos tamén quedaron cativados cos acordes interpretados pola Banda de Música.
Ofrecéronlles un concerto didáctico que lles permitiu coñecer os diferentes instrumentos de cada familia e os seus sons e tamén un espectáculo musical e audiovisual cun repertorio moi coñecido polos nenos.
A Banda vilagarciá leva desde 2004 actuando en centros escolares co obxectivo de achegar o seu tipo de música ós máis pequenos. O resultado é positivo, á vista de como reaccionan os nenos ante este tipo de concertos. Primeiro quedan abraiados e pouco a pouco vanse soltando.
Entre o público hoxe atopábase tamén na escola infantil a nova concelleira de Educación Elena Suárez. A edil aproveitou para visitar as instalacións e manter a primeira xuntanza de traballo co equipo directivo e docente do centro. O primeiro obxectivo do seu departamento será analizar as necesidades do concello en materia educativa.
A Banda de Música de Vilagarcía volverá a actuar para os nenos o luns no colexio Vagalume.
Redacción Salnés








