A XXIII Regata Almirante Rodríguez-Toubes contará con preto de 40 embarcacións

VILAGARCÍA> Preto de 40 embarcacións daranse cita a fin de semana na XXIII Regata Almirante Rodríguez-Toubes de Cruceros. Esta edición conmemorará o V centenario da primeira volta ó mundo co trofeo especial Juan Sebastián Elcano. A competición disputarase entre Marín e Vilagarcía.

O Real Club de Regatas de Vilagarcía e a Comisión Naval de Regatas da Escola Naval Militar de Marín presentaron a XXIII Regata Almirante Rodríguez-Toubes de Cruceros/ V Centenario Primeira Vuelta al Mundo. Nesta edición espérase superar os 35 participantes converténdose na regata máis numerosa da Copa Galicia. Para o concello vilagarcián o torneo xa é un éxito.

Esta edición conmemora o V centenario da volta ó mundo de Juan Sebastián Elcano. Por elo, a armada entregará un trofeo especial conmemorando este aniversario.

A participación nesta ocasión está limitada para os Cruceros medidos en sistema ORC contando por primeira vez coa categoría A Dos. Os barcos clásicos e de época estarán medidos baixo o sistema JCH baixo as normas da clasificación de Agabace. O Xefe de Deportes da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavides, asegurou que as institucións deben implicarse máis para que estes campionatos sigan sendo un éxito.

A regata celebrarase a próxima fin de semana. O sábado 18 terá lugar a primeira etapa a partir das 11:30 horas coa saída dende as inmediacións da Escuela Naval Militar en Marín e con final preto dos peiraos deportivos de Vilagarcía. A segunda etapa disputarase domingo á mesma hora pero o percorrido será inverso ó da xornada anterior. O distancia total será de 25,5 millas.