O executivo muradán agarda poder axilizar o pago a provedores

MUROS> O executivo levará ó pleno de mañá xoves a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 115 mil euros que lle permitirá poder aboar estas facturas pendentes.

A primeira parte da sesión centrarase en asuntos da comisión de Urbanismo, Obras , Servizos e Medio Ambiente, na que se inclúen a maior parte das mocións dos grupos municipais. Entre elas figura tamén unha proposta da Alcaldía para a activación do Plan de Actuación Municipal contra os incendios forestais.

No pleno tamén se someterá a debate a adhesión do Concello ó Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía promovido pola consellería de Medio Ambiente.